Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole.
Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos!
Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos!
Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.
E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e nenas e apreciedes ben todos os complementos que levaban.
3ºA
3ºB
Se queredes ver e descargar todas as fotografías, podedes atopalas no seguinte enlace.
E por último, aquí podedes ver un vídeo do que foi esta festa das 7 marabillas do mundo moderno na Casa Verde, cun anaquiño de todos os bailes de cada nivel e parte do desfile tamén.
Ata a próxima, familias!
Titoras de 3º
Comentarios
Publicar un comentario